Un novo xornal para Lugo

Lugo, España
Fertiggestellt am 20 / 10 / 2019
Gefördert!
Empfangen
€ 3.150
Minimum
€ 2.300
Optimum
€ 3.100
91 Kofinanzierer
Unterstützend € 5
"Orgullo y satisfacción"

Ningunha aportación é pouca. Unha contribución en pro do proxecto.

> 04 Kofinanzierer
Unterstützend € 10
Bolsa + crachá

Bolsa de tela con deseño de Belén Cordero e crachá co logo de Pensa Lugo. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 12 Kofinanzierer
Unterstützend € 15
CD recopilatorio: Pegadas lucenses + bolsa + crachá

Acorde á nosa filosofía de promocionar a cultura local, un CD inédito recopilando temas de diferentes artistas e grupos lucenses. Máis bolsa de tela con deseño de Belén Cordero e crachá co logo de Pensa Lugo. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 10 Kofinanzierer
Unterstützend € 20
Camiseta + bolsa + crachá

Camiseta e bolsa de tela con deseño de Belén Cordero (escolle a túa talla cando a recollas) máis crachá co logo de Pensa Lugo. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 09 Kofinanzierer
Unterstützend € 25
Libro 'Compañeira, non serva' de Rosario regueira + bolsa + crachá

Libro da autora taboadesa Rosario Regueira. Máis bolsa de tela con deseño de Belén Cordero e crachá co logo de Pensa Lugo. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 03 Kofinanzierer
Unterstützend € 25
Base de rap producida por Volk GZ

Base de rap producida polo rapeiro Volk GZ. Con opción de edición personalizada a posteriori.

> 00 Kofinanzierer
Unterstützend € 25
Poemario 'De sangue e negrura' de Randi Estrago + bolsa + crachá

Libro dedicado do escritor Randi Estrago: poemario de temática social: Feminismo, Inmigración, Xénero, Protesta. Máis bolsa de tela con deseño de Belén Cordero e crachá co logo de Pensa Lugo. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 01 Kofinanzierer
Unterstützend € 30
CD recopilatorio: Pegadas lucenses + Libro: 'De sangue e negrura'

CD recopilatorio máis o poemario de Randi Estrago. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 02 Kofinanzierer
Unterstützend € 30
CD recopilatorio: Pegadas lucenses + Libro: 'Compañeira, non serva'

CD recopilatorio máis o a novela de Rosario Regueira. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 02 Kofinanzierer
Unterstützend € 30
Subscrición por 2 anos + cracha

Faite subscritora e recibe o Pensa Lugo na casa durante dous anos. Máis crachá co logo. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 13 Kofinanzierer
Unterstützend € 35
Fotografía de Adra Pallón

Fotografía (21x41cm) social de Adra Pallón en marco. Clic para ver as fotografías de mostra. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 04 Kofinanzierer
Unterstützend € 35
Fotografía de Leandro Escudero

Fotografía (21x41cm) de Leandro Escudero en marco. Clic para ver as fotografías de mostra. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 00 Kofinanzierer
Unterstützend € 50
Retrato da artista Gema López

Retrato realista feito a lápis por Gema López. Envíanos a túa fotografía a pensalugo@riseup.net Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 00 Kofinanzierer
Unterstützend € 50
Ilustración de Vanessa Somoza

Lámina exclusiva da artista Vanessa Somoza de Mil Cores. Tamaño A4 a acuarela. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 00 Kofinanzierer
Unterstützend € 50
Serigrafía Vanessa Somoza + bolsa + crachá

Serigrafía da artista Vanessa Somoza de Mil Cores. inspirada en cartel da Guerra Civil Tamaño A3. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 01 Kofinanzierer
Unterstützend € 50
"Moito Ollo", do Primo de Banksy

Obra do "Primo de Banksy". Spray sobre papel. Baseada no traballo "A noite do Cacique", de Castelao. Medidas: 88x54cm

> 01 Kofinanzierer
Unterstützend € 50
Nota publicitaria

Nota de 6x6cm do teu negocio durante medio ano. Contacta antes con nós para ver as condicións en pensalugo@riseup.net

> 05 Kofinanzierer
Unterstützend € 50
Subscrición por 2 anos + camiseta + bolsa + crachá

Subscríbete e recibe o Pensa Lugo durante dous anos no teu domicilio.

Camiseta e bolsa de tela con deseño de Belén Cordero (escolle a túa talla cando a recollas) máis crachá co logo de Pensa Lugo. . Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 12 Kofinanzierer
Unterstützend € 90
Ilustración de Antom Santos

Lámina exclusiva de Antom Santos 42x30cm. Para habitantes de Lugo recoller na Cova do Raposo. Fóra de Lugo envío a contrarrembolso.

> 01 Kofinanzierer
Unterstützend € 200
Tatuaxe de Fernando Voyeurs

Tatuaxe personalizada de Fernando Voyeurs de aproximadamente unha palma (15x15cm). Se tes algunha dúbida contáctanos en pensalugo@riseup.net

> 01 Kofinanzierer
Unterstützend € 200
Faldón publicitario anual

Un faldón publicitario do teu negocio anual. Contacta antes con nós para ver as condicións en pensalugo@riseup.net

> 00 Kofinanzierer

Über dieses Projekt

Pensa Lugo: debullando o día a día
Aufgabe Minimum Optimum
Lanzamento dos dous primeiros números
Empezamos de cero! E para lanzar os dous primeiros números antes de ser autosuficientes precisamos da túa colaboración. Estes números seguirán a liña do número cero lanzado dixitalmente
€ 1.550
Gastos de Campaña
Inclúe a promoción da campaña e os gastos das recompensas.
€ 750
Presentacións públicas
Queremos darnos a coñecer e para iso precisamos ter un presuposto que nos deixe mover libremente e anunciarnos.
€ 300
Infrastruktur Minimum Optimum
Páxina web (hosting e dominio)
Creación dunha nova web para subir as novidades e o contido xa publicado de balde. Un xeito de non deixar ningún resquicio sen ocupar.
€ 300
Material Minimum Optimum
Material de oficina
Tinta para a vella impresora (que esperemos sexa nova algún día) e material funxible e duradeiro.
€ 200
Gesamt € 2.300 € 3.100
Erforderlich
zusätzlich

Allgemeine Informationen

Nace Pensa Lugo.

Vivimos en tempos nos que hai moita información namentres que os contidos veraces resultan inaccesibles. Tempos nos que hai que facer un esforzo activo de contraste de noticias para enterarse do que ocorre. Tempos nos que a inmediatez quita espazo á reflexión.

Sentimos a necesidade de crear un medio de prensa en papel á disposición de todas as luguesas que ao mesmo tempo é para nós unha oportunidade de facer o que nos gusta, de aprender colectivamente e medrar. Un medio aberto a quen queira participar.

Ata o de agora Lugo carecía dun medio lucense independente das institucións, dos intereses das grandes empresas e dos bancos. Pensa Lugo non dispón, nin quere grandes capitais que o respalden. É un medio autónomo, sen ánimo de lucro, e que quere financiarse só a través das súas lectoras ou cooperativas e pequenos comercios que cumpran uns certos criterios éticos. E para empezar co mínimo necesario lanzamos este crowdfunding!

E que queremos facer?

  • Un xornalismo pausado que fomente o debate, o pensamento e a aprendizaxe.
  • Que toque temas que quedan fóra dos medios convencionais.
  • Dende unha perspectiva comprometida socialmente: feminista, ecoloxista e inclusiva.

A través de que?

  • Dun medio escrito en papel que chegue a todo o mundo.
  • Dunha páxina web onde subir as publicacións anteriores de balde e dende onde mantervos informadas.

Hauptmerkmale

Queremos un medio centrado na información de Lugo e arredores, e para iso comezaremos pouco a pouco; publicando edicións de xeito bimensual, aínda que a nosa intención é ter unha periodicidade máis curta, achegándonos máis á actualidade.

O formato será, inicialmente, un rotativo de 32 páxinas a cor, dividido en diferentes seccións (reportaxes en profundidade, novas, opinión, eventos, e cultura).

Warum das wichtig ist

Percibimos, na nosa cidade, a carencia dun xornalismo crítico, así como a necesidade do mesmo. E pensamos que é posible crear un novo medio sen intereses económicos, que dé voz aos sectores máis silenciados. Tamén queremos dar protagonismo á cultura local e para iso precísanse medios que crean de verdade nela; poñer en valor ás deportistas máis invisibilizadas e mostrar opinións que non estén necesariamente respaldadas polo pensamento maioritario.

Queremos que as nosas lectoras sexan diversas, e pensamos que unha posible ferramenta é un periódico impreso, que non sexa limitado pola barreira tecnolóxica, e que esté presente nos lugares onde se move a xente: Dende a tendiña de toda a vida ata o bar da esquina, chegando a todos os recunchos da nosa vida cotiá.

Team und Erfahrung

Vimos dende diferentes experiencias e prismas, dende os movementos sociais e asociaciativos. Unha equipa multidiscplinar, interxeracional e de pensamentos diversos. O noso sistema de participación, aberto e asembleario, promove a colaboración externa para tratar temas de coñecementos máis específicos.

Realizamos o noso traballo na ECA Fábrica (Espazo Creador Autoxestionado), abstraídas entre cadernos, computadoras e petiscos. Temos unha infraestructura modesta que queremos mellorar co fin de medrar como proxecto.

Gesellschaftliches Engagement