Financiamento das obras nas instalacións da Semente Vigo

Fertiggestellt am 20 / 11 / 2015
Gefördert!
Empfangen
€ 7.082
Minimum
€ 4.550
Optimum
€ 7.032
126 Kofinanzierer

Unterstützend € 5

Solidariedade

Publicación na páxina web da Semente do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

> 05 Kofinanzierer

Unterstützend € 10

Crachá da Semente

Un crachá exclusivo deseñado por nós + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

> 16 Kofinanzierer

Unterstützend € 20

Crachá e O Conto do Apalpador

Libro O Conto do Apalpador + un crachá exclusivo deseñado por nós + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

> 34 Kofinanzierer

Unterstützend € 40

Colante da semente, O Conto do Apalpador e un pión

Un pión de madeira da Semente Vigo + o libro O Conto do Apalpador + un colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

> 20 Kofinanzierer

Unterstützend € 60

Colante da Semente e un mes de actividades de balde na Semente

Un mes de balde de actividades na Escola + colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

*Para as persoas que non tiveren crianzas se houber existencias seria posíbel mudaren as actividades na Semente polo Atlas Histórico da Galiza.

> 08 Kofinanzierer

Unterstützend € 80

Colante da Semente e Atlas histórico da Galiza

Atlas Histórico da Galiza (libro) + colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

> 06 Kofinanzierer

Unterstützend € 100

Barallo Árvores na Galiza, un trillo pola contorna da escoliña e sesión fotográfica.

O barallo Árvores na Galiza e un trillo pola contorna natural da escoliña (praia da Punta, petróglifo de Gondesende, monte da Guía, ...) a cargo de Faia Educación Ambiental + Publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente. Ao longo do percurso unha fotógrafa profesional tirará fotografías da actividade.

> 10 Kofinanzierer

Unterstützend € 200

Colante, petiscos na Semente con música do país, o barallo Árvores na Galiza e un trimestre de actividades.

Un xantar de petiscos variados no local da Semente amenizado con música do país en directo + o barallo Árvores na Galiza + un trimestre de actividades de balde na escoliña + colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto. As persoas que non tiveren crianzas poderían trocar as actividades na Semente polo Atlas Histórico da Galiza.

> 08 Kofinanzierer

Unterstützend € 500

Colante, xantar ou cea, o barallo Árvores na Galiza, un lote de libros, unha cesta Alcouve, un pión, un rato de lá e un trimestre de actividades na escola.

Un pión + o barallo das Árvores na Galiza + un rato de lá + un xantar ou cea no Bar... + unha cesta con produtos ecolóxicos da loxa Alcouve + un trimestre de atividades na escoliña e un lote de libros (Viagem ao Curdistám, Queixumes dos Pinhos, Gramática do Céltigo Antigo Comum e Três Tristes Sonhos de Princesa.) + colante da Semente + Publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto (Para as persoas que non tiveren crianzas é posíbel trocar o trimestre de atividades na escoliña polo Atlas Histórico da Galiza).

> 00 Kofinanzierer

IMPORTANTES E NECESARIAS ACHEGAS

02 | 10 | 2015

Estamos apenas a 8 días de rematar a primeira rolda da campaña de recadación de fondos para a Semente. Estamos satisfeitxs co resultado acadado, se ben aspiramos a que antes de que rematen estes oito días poidamos conseguir os apenas 900 euros que nos restan para chegar ao noso segundo obxectivo. Como vos podedes imaxinar, as necesidades dunha escola destas características que se autoxestiona, e non conta con apoio económico da adminitración pública, son múltiples e variadas. Por este motivo segue a ser importante a colaboración de todas as persoas que crean neste proxecto.

Por outra banda, comentarvos que o proxecto vai estupendamente e neste sentido tedes que saber que xa temos unha extensa programación de actividades de tarde para todas aquelas crianzas e familias que queiran desfrutar de boas actividades nun ambiente agradable e en galego. Bótalle un ollo a ver se hai algunha do voso interese.

Seguimos requiríndovos para que espalledes a campaña entre os vosos contactos para poder acadar este segundo obxectivo e incluso, se é fose posible, superalo e poder ir a por un terceiro.

Moitas grazas!!

 

Kommentare

Anmeldung um einen Kommentar zu hinterlassen