Über dieses Projekt
Liste der bedürfnisse einblenden
![]() |
Minimum | Optimum |
---|---|---|
Realización
Imaxen e Son, recollida de testimonios e alugueiro de equipo con 3 operários
|
£ 4,246 | |
Dietas, quilometraxe e alugueiro furgoneta
Costes de desprazamento para realizar as entrevistas
|
£ 910 | |
Gastos de Envio
Gastos de envio nacional e internacional
|
£ 996 | |
Entrevistas fora da Galiza
Permitir o deslocamento do equipo para realizar as entrevistas fora da Galiza (Berlín, Euskal Herria)
|
£ 953 |
![]() |
Minimum | Optimum |
---|---|---|
Montaxe
Montaxe do documental
|
£ 3,553 | |
Publicidade e marketing
Traballo de difusión do proxecto en redes e prensa
|
£ 347 | |
Comisións
Pago das comisións de goteo 5% e banco 0,8%
|
£ 953 |
![]() |
Minimum | Optimum |
---|---|---|
Edición merchandising
Material editado de recompensas (camisola, saca, cunca, xerra, edición dun EP en vinilo con temas inéditos, poster)
|
£ 6,325 | |
Mellora de equipo técnico (Lentes e doble formato)
Poder realizar a gravación HD 4k - 33 cinematográfico
|
£ 5,199 | |
Gesamt | £ 17,330 | £ 23,482 |
Allgemeine Informationen
Semente de Berrar é un proxecto de documental que pretende reflectir, entre notas máis ou menos afinadas, parte da contracultura na Galiza dos últimos corenta anos. Unha contracultura ligada ao ruído ou á melodía, á retranca ou ao ir de fronte, ao amor ou ao odio. Corenta anos de DIY e “industria musical”. Corenta anos de “subculturas urbanas” e tamén rurais. Corenta anos de Galiza rebelde e festeira. Corenta anos de drogas nas rúas e deporte. Corenta anos musicando realidade e ficción. Corenta anos de precariedade laboral e loita obreira.
As protagonistas que poñerán a voz a Semente de Berrar serán as bandas, o público, os propietarios de tendas de roupa ou música, editores de fanzines ou xornais. Unha escolma de 40 persoas destes 40 anos de amor e odio.
Para non caer na peor enfermidade destes tempos, a desmemória, procuramos sacar avante este proxecto autoxestionado no que ti tamén te sintas participe.
Hauptmerkmale
De xeito autoxestionado: queremos contar contigo e que sexas participe desto. Nunca se fixo un proxecto de documental con este centro de interese e queremos facelo ben. Que o voluntarismo non signifique falta de profesionalidade.
Como vamos facer?
- A idea e sempre que a situación sanitaria o permita é comezar a gravar as 40 entrevistas antes de que remate a campaña de micromecenato, do 17 de abril ao 30 de xuño.
- Posteriormente, o tempo de montaxe contamos con outros 75 días aproximadamente.
- A presentación do proxecto está programada inicialmente para o mes de setembro.
A VO do documental será en galego e a nosa intención é lexendalo a catalán, basco, castelán e inglés.
No caso de superar o mínimo programado e chegar ao óptimo queremos realizar a gravación en HD 4k - 33 cinematográfico. Tamén se aproveitaría para sufragar os gastos para realizar várias entrevistas fora da Galiza.
Por todo isto pedimos a túa axuda a través deste crowfounding. Haberá moito, ou algún material que, alén do propio documental, será do teu agrado: para ti, para un agasallo ou por colaborar.
Xunt@s podemos sacalo adiante.

Warum das wichtig ist
- Porque dende as cantigas de Escarnio e Maldicer, Galiza usou o arte ou o antiarte como forma de manifestación. Porque fumos, somos e seremos un pobo rebelde e alegre, combativo e responsable e cunha serie de manifestacións culturais das que queremos dar conta, rexistrar e non esquecer.
- Porque dende 1981 que podería ser a primeira referencia dun disco vencellado ao punk dunha banda galega ao día de hoxe pasaron corenta anos.
- Porque ha moito que contar. E porque fai falta para ser NÓS.
Team und Erfahrung
O colectivo promotor de Semente de Berrar esta composto por diversas persoas de diferentes pontos da Galiza con experiencia en xestión cultural a través da edición de numerosos discos, revistas ou fanzines, curtidas na organización de palestras, concertos ou festivais…
e nace detrás de inquidanzas comúns. O común? Rescatar unha parte de contracultura galega que non está documentada no audiovisual.
Iago Santás López, mestre de profesión, editor de fanzines, revistas... e ativista cultural e da lingua coordina a modo de blockchain a moita xente que dende a súa profesionalidade ou militancia queren traballar neste proxecto.
Death or Glory collective na parte artística, Bruno L. Teixeiro en redes e marqueting ou numerosas bandas que cederon material para a edición (Samesugas, Soak ou Bule) dan conta delo.
Os grupos de traballo, con evidente carácter multidisciplinar, rodéase e asesórase na parte técnica, dun grupo de profesionais con ampla experiencia na realización, producción e post produccion de documentais e traballos audiovisuais como No Major Films que serán os encarregados da realización e Alba Gallego como montadora e editora. O proxecto será dirixido polo própio Iago Santás.
Existían nunerosas formas de dar vida ao proxecto pola vía da edición privada: o micromecenazgo é unha escolla voluntaria.
Entre todas poderemos, e debemos conseguilo!

Gesellschaftliches Engagement

Creating culture
Desde o colectivo promotor deste proxecto audiovisual pretendemos recopilar, dar fío de vida, imaxe e voz a unha serie de experiencias contraculturais que se deron no noso país dende os primeirísimos oitenta ata o de agora. Polo tanto o noso compromiso social é criar cultura alternativa desde Galiza para o mundo.
Un proxecto con intención de presentalo a festivais de cine documental e que unha vez rematado o calendário de presentacións (aproximadamente xullo de 2022) estará disponíbel en formato Creative Commons na rede.
Tamén desde as persoas que conformamos este colectivo apostamos pola producción e o consumo responsável. É por isso que a edición das recompensas (sacas, camisolas e sudadeiras) serán 100% Algodón orgánico cumprindo todos os parámetros para un modo sostible e respectuoso e elaboradas de maneira ética.
Tamén contaremos con colaboración de outros colectivos sociais e culturais para levar avante a iniciativa.