105% e Seguimos!

Magnífica a sesión de onte en Teis. Susan compartiu a súa experiencia e coñecementos cun auditorio cheo e expectante. Queremos subliñar que o protagonismo é de todos e todas, porque somos quen imos parar o TTIP, e onte vimos, en vivo e en directo, que apreciades o traballo que estamos a facer, e temos claro que só é posible se empurramos á vez. En palabras da propia Susan: "all together are one", (todas e todos xuntas somos un/ha).
Lembrar tamén que temos a conferencia grabada en vídeo, e que avisaremos en canto estea visible.
Grazas a todas e a todos, en especial a Susan!!
Isto non rematou, recén empezamos, seguimos recadando para facer as xornadas o mellor posible!!
A seguitne cita que temos é o 31 coa videoconferencia de Marcellesi e Kucharz, non a perdades!
Kommentare
Anmeldung um einen Kommentar zu hinterlassen