Cor ás Seteportas

  • Location Rúa do Home Santo, 29b, Santiago de Compostela, España
Fertiggestellt am 03 / 12 / 2020
Gefördert!
Empfangen
€ 3.053
Minimum
€ 1.470
Optimum
€ 2.846
82 Kofinanzierer
Kanal
  • Unterstützend € 10

    FanZine elaborado polas Aveneiras + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

    FanZine en formato físico, proxecto elaborado polo grupo das Aveneiras ao longo do curso 2018/2019 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas, que o agrupamento posúe no monte veciñal de Froxán, no concello de Lousame, por cortesía da asociación sen ánimo de lucro Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, dende un acampamento no ano 2017.

    > 13 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 10

    Cestiña de alimentos da primeira colleita da Horta das Seteportas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas

    Cestiña de alimentos da primeira colleita (febreiro de 2021) da Horta das Seteportas, sita no espazo hortícola municipal de Cotaredo, no barrio das Fontiñas, que o agrupamento comezou a traballar neste curso 2020/21; máis amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 03 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 15

    DVD do documental "Ophelia: as aparencias enganan" + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

    DVD do documental "Ophelia: as aparencias enganan", elaborado polas Aveneiras ao longo do curso 2019/20, dispoñible na nosa canle de YouTube (https://youtu.be/WmexXz3vGvU); máis amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    "Hai un tempo, dixéronnos que o documental ten un poder enorme para falar da realidade, para transformala e para denunciar certas situacións. Xa hai un tempo que comezamos a querer denunciar moitas cousas; a cuestionar o que escoitamos, o que vemos e o que sentimos. Como nós mesmas actuamos.
    Estamos expostas a unha inmensa cantidade de información: noticias, imaxes, publicidade, música... Hoxe decidimos acender o filtro.
    Hai xa un tempo que comezamos a xestar a nosa postura canto a como os propios medios representan a realidade. Xa non nos gusta como nos contan as cousas." - As Aveneiras (Iria, Laura, Cloe, Sara, Iris, Carlos e Ana), 2019.

    > 06 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 15

    Roteiro "De porta en porta" (Argonautas de Seteportas-Altair) + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas

    Percorrido histórico e curioso por algúns recunchos da cidade compostelá a través das sete portas da muralla, organizado e guiado polas Argonautas de Seteportas-Altair; máis amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 04 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 20

    Obradoiro de campismo (Pioneiras de Seteportas-Altair) + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas

    Obradoiro de campismo ofrecido polo grupo das Pioneiras de Seteportas-Altair, cos máis sabios recursos (e unha manchea de anécdotas) para a montaxe de tendas de campaña, a cociña sen lume, o refrixerio de víveres, a potabilización da auga, repeler os bechos, a convivencia, as cancións de acampamento...; máis amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 01 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 20

    Primeira cota mensual para novas asociadas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

    Exención da primeira cota mensual para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 08 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 50

    Anulación das tres primeiras cotas mensuais para novas asociadas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

    Exención das primeiras tres cotas mensuais para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 09 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 75

    Anulación da cota do acampamento do vindeiro Nadal para novas asociadas + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

    Exención da cota para o primeiro acampamento para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 00 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 100

    Anulación da cota do acampamento de Nadal e Páscoa do vindeiro curso + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas.

    Exención da cota para o primeiro e segundo acampamento para novas familias asociadas a Seteportas-Altair no vindeiro curso 2020/21 e amadriñamento dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 01 Kofinanzierer
  • Unterstützend € 100

    Figurar como Local/Entidade colaboradora de Seteportas-Altair + Amadriñamento dun castiñeiro no Souto das Seteportas

    COFINANCIA O PROXECTO COMO ENTIDADE ou ESCOLLE ESTA RECOMPENSA: Opción para negocios ou entidades, como colaboradoras do grupo educativo Seteportas-Altair, coa finalidade de fortalecer o tecido asociativo e/ou local; máis amadriñamento conxunto dunha árbore no Souto das Seteportas.

    > 00 Kofinanzierer

Con máis forza ca nunca ⚡

16 | 09 | 2020
Con máis forza ca nunca ⚡

As persoas sentímonos identificadas con algo, unha canción, un poema, un lugar, unha fotografía ou mesmo cun prato de comida.
Xa fai moito que botamos a andar neste proxecto (6 anos, nin máis nin menos) e coñecemos a persoas marabillosas que o percorreron connosco e a verdade é que cando paramos e poñemos a mirada atrás pensamos "mereceu a pena"...
En Seteportas fomos crecendo, aprendendo e tendo aventuras inesquecibles mais o que nos emociona é que todos estes procesos se fixeron xuntxs.
Gústannos os retos e, para estes vindeiros meses, propoñémonos un moi grande que, se cadra, o fai máis emocionante. Queremos encher este mundo de cores e de cousas lindas e, queremos comezar por facelo no noso local da Rúa de Home Santo nº29 B, o noso espazo, o noso fogar de agrupamento.
Queremos e soñamos con construir un espazo adecuado para traballar nos nosos proxectos educativos, xogar xuntxs, gardar as nosas prezadas tendas de campaña e, sobretodo, onde medrar.
Podemos facelo dende a axuda mutua, polxs nenxs, pola mellora do proxecto educativo, entre todas imos facer historia engadíndolle COR ÁS SETEPORTAS.
Estamos eternamente agradecidxs ás cofinaciadorxs ata o momento.
COFINANCIA ESTE PROXECTO, IMOS CONSEGUILO💜
BOA ESTRELA

Kommentare

Anmeldung um einen Kommentar zu hinterlassen